miércoles, 12 de septiembre de 2012

Actividades teatrais para a zona do Baixo Miño

Ola a tod@s, presento aquí unha programación de actividades teatrais, para calquera interesado en formar un grupo, ou organizar obradoiros de teatro na súa vila, para unha asociación cultural, de veciños...etc.  Contacto na dirección de correo: evaferreiro023@hotmail.com




Obradoiros de Teatro Infantil
(ata 15 anos)
Horarios:
1 hora e media á semana cada obradoiro (de outubro a xuño).
*Posibilidade de combinar os obradoiros.
Obradoiros:

Teatro e Creación Literaria:

Creación e adaptación de contos, fábulas, historias populares e literatura dramática, etc., mediante ferramentas creativas.
Realización de improvisacións, xogos dramáticos, traballo actoral e posta escena dunha peza teatral creada polos alumnos.

Teatro con Obxetos:

Creación de máscaras, monicreques, teatro de sombras e elementos de atrezo. Ademais crearanse escenografías e atmosferas sonoras e visuais.
Creación colectiva dunha peza para a súa posterior representación.
Materiais:
Os materiais empregados para este tipo de obradoiros serán principalmente de refugallo e estarán incluidos no prezo do obradoiro concreto.


Obradoiros de Teatro de Adultos
(a partires de 16 anos)
Horarios:
1 hora e media á semana cada obradoiro (de outubro a xuño).
*Posibilidade de combinar os obradoiros.
Obradoiros:

Teatro clásico:

Traballo grupal de creación e representación dunha peza do repertorio de teatro clásico elixida polo alumnado. No inicio de curso traballaremos diversos estilos, correntes e épocas no teatro (teatro grego, teatro romano, século de ouro español e inglés, comedia da arte, comedia francesa, farsa, melodrama, traxedia romántica, teatro costumista, teatro nacional e galego).



Teatro contemporáneo:

Introdución ás novas linguaxes escénicas e artísticos postmodernos iniciados a partir da segunda metade do século XX mediante exercicios grupales de improvisación e creación.
Traballaranse diversos textos de autores contemporáneos e realizarase unha selección dos mesmos a partir da cal se creará e representará unha peza teatral.

Formación actoral: 

Realizarase un adestramento integral do actor mediante a posta en práctica de exercicios de voz, corpo e interpretación. 
Ademáis traballaranse de forma complementaria outras formas de expresión, como a danza, o canto, o teatro xestual, e o teatro de obxectos.
Mostra creativa: neste obradoiro non se busca mostrar un resultado, un produto. Non obstante realizarase unha mostra co resultado dos traballos dos alumnos durante o obradoiro, unidos mediante un fío conceptual para crear un pequeno espectáculo.

Este obradoiro poderá ser complementario dos outros, posto que ter a opción de manter un día á semana para formación, permitirá que aquelas persoas que non poidan comprometerse a participar nunha montaxe dunha obra, por motivos de dispoñibilidade ou outros, polo menos teñan a posibilidade de atopar un espazo onde poder desenvolver o seu potencial teatral.
Esta opción tamén está indicada para aquelas persoas que se inicien por primeira vez na práctica do teatro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario