Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros teatro. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de septiembre de 2012

INICIO DOS OBRADOIROS DE TEATRO NO COLEXIO DE OIA

 O noso camiño comeza xogando.  É xogando como aprendemos a relacionarnos, a ser independentes, a disfrutar do pracer de estar vivos.
Tamén xogando é como aprendemos a facer teatro. Só que o xogo, tan necesario para os nenos, non remata nunca de ser o mecanismo máxico que permite que o teatro exista.


Facemos teatro para non deixarmos de xogar, para que a imaxinación teña tamén o seu lugar nas ensinanzas formais e non formais e para que sigamos tendo confianza nos nenos e no seu potencial creativo.

Gianni Rodari, un gran amante e amigo dos nenos, dicía na súa Gramática da Fantasía:

"Todos os usos da palabra para todos, paréceme un bo lema e con agradable son democrático.  Non para que todos sexan artistas, senon para que ninguén sexa escravo"

Pois iso, que xogaremos, aprenderemos e bailaremos coas palabras ao son da música da imaxinación!!


Contos para xogar, de Gianni Rodari

O luns comezamos a nosa andaina cos obradoiros de Teatro infantil no CEIP Mestre Manuel García de Oia! 

Se vos gusta o teatro, aínda estades a tempo de solicitar un obradoiro de Teatro infantil, xuvenil e para adultos.  Anima aos teus coñecidos, e ponte en contacto comigo a través do enderezo electrónico do meu blog!!