Tamén xogando é como aprendemos a facer teatro. Só que o xogo, tan necesario para os nenos, non remata nunca de ser o mecanismo máxico que permite que o teatro exista.
Facemos teatro para non deixarmos de xogar, para que a imaxinación teña tamén o seu lugar nas ensinanzas formais e non formais e para que sigamos tendo confianza nos nenos e no seu potencial creativo.
Gianni Rodari, un gran amante e amigo dos nenos, dicía na súa Gramática da Fantasía:
"Todos os usos da palabra para todos, paréceme un bo lema e con agradable son democrático. Non para que todos sexan artistas, senon para que ninguén sexa escravo"
Pois iso, que xogaremos, aprenderemos e bailaremos coas palabras ao son da música da imaxinación!!
![]() |
Contos para xogar, de Gianni Rodari |
O luns comezamos a nosa andaina cos obradoiros de Teatro infantil no CEIP Mestre Manuel García de Oia!
Se vos gusta o teatro, aínda estades a tempo de solicitar un obradoiro de Teatro infantil, xuvenil e para adultos. Anima aos teus coñecidos, e ponte en contacto comigo a través do enderezo electrónico do meu blog!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario