martes, 4 de diciembre de 2012
miércoles, 7 de noviembre de 2012
martes, 6 de noviembre de 2012
COMEZA O OBRADOIRO DE TEATRO (no San Xerome Emiliani)
miércoles, 10 de octubre de 2012
OBRADOIROS DE TEATRO NA GUARDA
Ola amigos e amigas da cultura e as artes!! Hoxe unha nova entrada anunciando un Obradoiro de Teatro que se vai realizar na Guarda.
O c.s Fuscalho está publicitando diferentes obradoiros que se impartirán na propia sede do centro social, algúns deles incluidos dentro do funcionamento do Banco do Tempo da Guarda.
Animádevos a participar, aínda quedan prazas no obradoiro de Teatro!! Podedes anotarvos pasando polo c.s Fuscalho, na rúa Colón, ao lado da Praza do Reló, ou ben poñervos en contacto directamente comigo, a través do enderezo electrónico:
evaferreiro023@hotmail.com ou do número de teléfono 699299344.
Os obradoiros que imparto son os de Teatro para nen@s e adult@s:
TEATRO PARA NEN@S (ata 15 anos)........MÉRCORES de 17:OOH a 18:3OH
TEATRO PARA ADULT@S........................MÉRCORES de 19:OOH a 2O:3OH
LUGAR: XIMNASIO DO COLEXIO SAN XEROME EMILIANI.
PARA PASAR UN BO RATO, COÑECERNOS A NÓS MESMOS, A OUTRA XENTE, MOVERNOS E ENTENDERNOS MELLOR E....SER ARTISTAS!! ANIMÁDEVOS!!!

domingo, 30 de septiembre de 2012
INICIO DOS OBRADOIROS DE TEATRO NO COLEXIO DE OIA
O noso camiño comeza xogando. É xogando como aprendemos a relacionarnos, a ser independentes, a disfrutar do pracer de estar vivos.
Tamén xogando é como aprendemos a facer teatro. Só que o xogo, tan necesario para os nenos, non remata nunca de ser o mecanismo máxico que permite que o teatro exista.
Facemos teatro para non deixarmos de xogar, para que a imaxinación teña tamén o seu lugar nas ensinanzas formais e non formais e para que sigamos tendo confianza nos nenos e no seu potencial creativo.
Gianni Rodari, un gran amante e amigo dos nenos, dicía na súa Gramática da Fantasía:
"Todos os usos da palabra para todos, paréceme un bo lema e con agradable son democrático. Non para que todos sexan artistas, senon para que ninguén sexa escravo"
Pois iso, que xogaremos, aprenderemos e bailaremos coas palabras ao son da música da imaxinación!!
O luns comezamos a nosa andaina cos obradoiros de Teatro infantil no CEIP Mestre Manuel García de Oia!
Se vos gusta o teatro, aínda estades a tempo de solicitar un obradoiro de Teatro infantil, xuvenil e para adultos. Anima aos teus coñecidos, e ponte en contacto comigo a través do enderezo electrónico do meu blog!!

![]() |
| Contos para xogar, de Gianni Rodari |
O luns comezamos a nosa andaina cos obradoiros de Teatro infantil no CEIP Mestre Manuel García de Oia!
Se vos gusta o teatro, aínda estades a tempo de solicitar un obradoiro de Teatro infantil, xuvenil e para adultos. Anima aos teus coñecidos, e ponte en contacto comigo a través do enderezo electrónico do meu blog!!
miércoles, 12 de septiembre de 2012
Actividades teatrais para a zona do Baixo Miño
Ola a tod@s, presento aquí unha programación de actividades teatrais, para calquera interesado en formar un grupo, ou organizar obradoiros de teatro na súa vila, para unha asociación cultural, de veciños...etc. Contacto na dirección de correo: evaferreiro023@hotmail.com
Obradoiros
de Teatro Infantil
(ata
15 anos)
Horarios:
1
hora e media á semana cada obradoiro (de outubro a xuño).
*Posibilidade
de combinar os obradoiros.
Obradoiros:
Teatro
e Creación Literaria:
Creación
e adaptación de contos, fábulas, historias populares e
literatura dramática, etc., mediante ferramentas creativas.
Realización
de improvisacións, xogos dramáticos, traballo actoral e
posta escena dunha peza teatral creada polos alumnos.
Teatro
con Obxetos:
Creación
de máscaras, monicreques, teatro de sombras e elementos de
atrezo. Ademais crearanse escenografías e atmosferas sonoras e
visuais.
Creación
colectiva dunha peza para a súa posterior representación.
Materiais:
Os
materiais empregados para este tipo de obradoiros serán
principalmente de refugallo e estarán incluidos no prezo do
obradoiro concreto.
Obradoiros
de Teatro de Adultos
(a
partires de 16 anos)
Horarios:
1
hora e media á semana cada obradoiro (de outubro a xuño).
*Posibilidade
de combinar os obradoiros.
Obradoiros:
Teatro
clásico:
Traballo
grupal de creación e representación dunha peza do
repertorio de teatro clásico elixida polo alumnado. No inicio
de curso traballaremos diversos estilos, correntes e épocas
no teatro (teatro grego, teatro romano, século de ouro español
e inglés, comedia da arte, comedia francesa, farsa, melodrama,
traxedia romántica, teatro costumista, teatro nacional e
galego).
Teatro
contemporáneo:
Introdución
ás novas linguaxes escénicas e artísticos
postmodernos iniciados a partir da segunda metade do século XX
mediante exercicios grupales de improvisación e creación.
Traballaranse
diversos textos de autores contemporáneos e realizarase unha
selección dos mesmos a partir da cal se creará e
representará unha peza teatral.
Formación
actoral:
Realizarase un adestramento integral do actor mediante a posta en práctica de exercicios de voz, corpo e interpretación.
Ademáis traballaranse de forma complementaria outras formas de expresión, como a danza, o canto, o teatro xestual, e o teatro de obxectos.

Mostra
creativa: neste obradoiro non se busca mostrar un resultado, un
produto. Non obstante realizarase unha mostra co resultado dos
traballos dos alumnos durante o obradoiro, unidos mediante un fío
conceptual para crear un pequeno espectáculo.
Este
obradoiro poderá ser complementario dos outros, posto que ter
a opción de manter un día á semana para
formación, permitirá que aquelas persoas que non poidan
comprometerse a participar nunha montaxe dunha obra, por motivos de
dispoñibilidade ou outros, polo menos teñan a
posibilidade de atopar un espazo onde poder desenvolver o seu
potencial teatral.
Esta
opción tamén está indicada para aquelas persoas
que se inicien por primeira vez na práctica do teatro.
miércoles, 29 de agosto de 2012
VERBATIM THEATER
O teatro documento ( ou tamén chamado Verbatim theatre no mundo anglosaxón) parte dunha dramaturxia que é vella pero que tamén é nova, que está apoiada no tecido social, é reivindicativa e que ademáis busca transgredir artísticamente os límites do teatro directo.
Como teatro de axitación, teatro popular ou teatro do oprimido, metodolóxicamente traballado por Boal e ideolóxicamente suxerido por Freire, este tipo de teatro promete retornar con forza na práctica teatral de base da nosa sociedade. A nova situación socioeconómica, vai ser un bo caldo de cultivo para que medre a necesidade de denunciar calquera situación inxusta que se poida producir no seo do tecido social, oculto moitas veces por cantidades enormes de desinformación periodística e outras destapadas precisamente por esta.
O interese que este tipo de dramaturxias suscita non só a nivel temático senón tamén formalmente, vén do concepto " ao pé da letra", que resulta moi suxerente, tanto nas súas posibilidades escénicas, como interpretativas. Moitas veces as limitacións na forma poden ser un reto tremendamente enriquecedor.
O reto de facer unha dramaturxia con textos tal e como os emitiron as persoas/persoaxes implicados nunha trama real/dramática, mesmo o tipo de traballo que a actriz/actor empregará na preparación do mesmo, non deixa indiferente.

Entre os autores máis importantes e que continúan traballando coa temática social, atopamos a David Hare, que é bastante coñecido polos seus guións cinematográficos. Pegamos algúns fragmentos dunha conferencia atopada na rede:
David Hare: El teatro como compromiso social
“Sin ninguna duda David Hare es uno de los dramaturgos británicos más importantes de las últimas décadas. Junto con el reciente y tristemente fallecido Harold Pinter, Caryl Churchill y Tom Stoppard, entre otros, se sitúa a la cabeza de los grandes autores del teatro británico contemporáneo.
Desde el comienzo de su carrera su posición es radical y cuestionadora del sistema establecido. En 1968 funda junto con Tony Bîcat la compañía Portable Theater (Teatro Portátil), con la que proponen un teatro alternativo e itinerante de gran versatilidad y contundencia.
...
En 1975, junto al prestigioso director teatral Max Staford-Clarck funda la compañía Joint Stock Theatre, a la postre uno de los grupos fundamentales del teatro británico contemporáneo.
...
Es uno de esos dramaturgos que siente la obligación de tomar constantemente la temperatura moral de su país y del mundo a través de la escritura dramática.
En esa línea escribe su trilogía sobre el desmoronamiento de las instituciones británicas más emblemáticas: la Iglesia Anglicana y su profunda corrupción moral manifestada en asuntos tan aberrantes como la pederastia generalizada (Racing Demon-Piloto Endiablado); el debilitado y deteriorado sistema legal británico (Murmuring Judges-Murmuraciones de los Jueces), y el denigrante estado del Partido Laborista (The Absence of War-Ausencia de Guerra).
...
El muy actual movimiento de “Teatro Documento” (Verbatim Theatre), de gran importancia e influencia en la vida y en la política británica de los últimos años, debe mucho al impulso de Hare y obras como The Permanent Way (La Vía Permanente), sobre la privatización de los ferrocarriles británicos y sus catastróficas consecuencias;
Stuff Happens (Cosas que Pasan), en la que denuncia las tremendas secuelas de la guerra de Irak, o Vía Dolorosa, en la que opera como testigo de la brutal desigualdad de calidad de vida entre palestinos e israelíes y del profundo fanatismo que separa las dos irreconciliables culturas, han contribuido a la consolidación de esta modalidad teatral tan importante en no pocos momentos de la historia de occidente.
(fragmentos do artigo de Vicente León para o Ciclo Autor 2010)
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)