Pregunta:
Que é a identidade?
Resposta:
Clima, paisaxe...modo de reaccionar...
Sentimento propio, de pertenencia a un grupo.
O que asumimos que somos, o que aceptamos que somos.
A identidade cambia co tempo, nós somos o continente dunha materia que se vai modificando.
A identidade pode ser usurpada, oprimida, criticada, recoñecida, asumida.
A familia. Os valores o control sobre o individuo.
As limitacións, o machismo o patriarcado.
A identidade sexual.
Atopar a diferencia, a masa uniforme, os rasgos en común.
As etiquetas que nos poñen, que nos poñemos.
Tragar.
domingo, 10 de marzo de 2013
viernes, 25 de enero de 2013
martes, 4 de diciembre de 2012
miércoles, 7 de noviembre de 2012
martes, 6 de noviembre de 2012
COMEZA O OBRADOIRO DE TEATRO (no San Xerome Emiliani)
miércoles, 10 de octubre de 2012
OBRADOIROS DE TEATRO NA GUARDA
Ola amigos e amigas da cultura e as artes!! Hoxe unha nova entrada anunciando un Obradoiro de Teatro que se vai realizar na Guarda.
O c.s Fuscalho está publicitando diferentes obradoiros que se impartirán na propia sede do centro social, algúns deles incluidos dentro do funcionamento do Banco do Tempo da Guarda.
Animádevos a participar, aínda quedan prazas no obradoiro de Teatro!! Podedes anotarvos pasando polo c.s Fuscalho, na rúa Colón, ao lado da Praza do Reló, ou ben poñervos en contacto directamente comigo, a través do enderezo electrónico:
evaferreiro023@hotmail.com ou do número de teléfono 699299344.
Os obradoiros que imparto son os de Teatro para nen@s e adult@s:
TEATRO PARA NEN@S (ata 15 anos)........MÉRCORES de 17:OOH a 18:3OH
TEATRO PARA ADULT@S........................MÉRCORES de 19:OOH a 2O:3OH
LUGAR: XIMNASIO DO COLEXIO SAN XEROME EMILIANI.
PARA PASAR UN BO RATO, COÑECERNOS A NÓS MESMOS, A OUTRA XENTE, MOVERNOS E ENTENDERNOS MELLOR E....SER ARTISTAS!! ANIMÁDEVOS!!!

domingo, 30 de septiembre de 2012
INICIO DOS OBRADOIROS DE TEATRO NO COLEXIO DE OIA
O noso camiño comeza xogando. É xogando como aprendemos a relacionarnos, a ser independentes, a disfrutar do pracer de estar vivos.
Tamén xogando é como aprendemos a facer teatro. Só que o xogo, tan necesario para os nenos, non remata nunca de ser o mecanismo máxico que permite que o teatro exista.
Facemos teatro para non deixarmos de xogar, para que a imaxinación teña tamén o seu lugar nas ensinanzas formais e non formais e para que sigamos tendo confianza nos nenos e no seu potencial creativo.
Gianni Rodari, un gran amante e amigo dos nenos, dicía na súa Gramática da Fantasía:
"Todos os usos da palabra para todos, paréceme un bo lema e con agradable son democrático. Non para que todos sexan artistas, senon para que ninguén sexa escravo"
Pois iso, que xogaremos, aprenderemos e bailaremos coas palabras ao son da música da imaxinación!!
O luns comezamos a nosa andaina cos obradoiros de Teatro infantil no CEIP Mestre Manuel García de Oia!
Se vos gusta o teatro, aínda estades a tempo de solicitar un obradoiro de Teatro infantil, xuvenil e para adultos. Anima aos teus coñecidos, e ponte en contacto comigo a través do enderezo electrónico do meu blog!!

![]() |
| Contos para xogar, de Gianni Rodari |
O luns comezamos a nosa andaina cos obradoiros de Teatro infantil no CEIP Mestre Manuel García de Oia!
Se vos gusta o teatro, aínda estades a tempo de solicitar un obradoiro de Teatro infantil, xuvenil e para adultos. Anima aos teus coñecidos, e ponte en contacto comigo a través do enderezo electrónico do meu blog!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)